26 ene. 2017

Actividades para o Día escolar da non violencia e a Paz

Actividades e selección de lecturas

Preme nas seguintes imaxes
Selección de poemas de Gloria Fuertes


Maestros con los niños de Siria

Un interesante blog cargado de traballos co alumnado sobre o tema dos refuxiados.
 Podes solicitar a túa colaboración! 

Preme na imaxe

XIX ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS CIENTISTAS DAS ESCOLAS UNESCO

As alumnas de 1º de Bacharelato María Alvarez e Laura Araujo , acompañadas da profesora Belén Jorge, participan no XIX Encontro Internacional de Jovens Cientistas das Escolas Asociadas da UNESCO que tivo lugar en Santarém (Portugal) dos días 11 a 14 de xaneiro. Xunto con outros mozos e mozas de 8 países  presentaron e debatiron propostas para  minimizar os efectos do cambio climático.


1 dic. 2016

Día Munidal de loita contra a SIDA

Resultado de imagen de dia sida

O VIH, unha das Infeccións de Transmisión Sexual máis importantes, segue a ser a día de hoxe un grave problema de saúde pública, en aumento pola falta de medidas preventivas.
Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial da Loita contra a SIDA.
 

29 nov. 2016

Concerto de Nadal contra a violencia de xénero


Seguindo coas actividades do 25 de novembro, este luns tivo lugar no Auditorio Municipal un concerto de Nadal contra a violencia machista,  a cargo do  grupo "Cantemos " de Ponteareas 


Concentración contra a violencia de xénero

O pasado 25 de novembro tuvo lugar na praza do Concello de As Neves unha concentración contra a violencia de xénero na que participaron todos os centros educativos para ler un manifiesto de apoio ás mulleres.

Dia Internacional contra a violencia de xénero

Campaña de sensibilización contra a violencia de xénero.
No que levamos de ano 45 mulleres foron asasinadas no territorio español a mans das súas parellas ou ex-parellas
           

20 oct. 2016

Camino a la escuela

Un documental imprescindible para entender  e reflexionar sobre as dificultades de moitos nenos e nenas que fan verdadeiros esforzos por ir á escola.

Documentación e ficha didáctica na páxina oficial


E máis exemplos recollidos neste video



        

21 sept. 2016

28 feb. 2016

VI Encontro das Escolas de Galiza asociadas á UNESCO

Preme nesta imaxe para ver os traballos presentados polos diferentes centros e o video de participación do noso alumnado nos diferentes obradoiros


8 sept. 2014

Día Internacional da alfabetización

  La alfabetización es una  clave del cambio y un instrumento práctico de poder en cada uno de los tres principales pilares del desarrollo sostenible: desarrollo económico, desarrollo social y protección del medio ambiente. .    

6 jul. 2014

XXVII encontro das Escolas Asociadas á UNESCO

Educar para a cidadanía mundial
Patrimonio, convivencia e entendemento entre os pobos, cultura de Paz, agricultura familiar e desenvolvemento sostible.


30 jun. 2014

O noso patrimonio

Ao longo deste curso tamén estivemos investigando sobre o patrimonio da nosa contorna. O alumnado de 1º de ESO traballou  sobre os cruceiros e petos de ánimas e este video é o resultado.

O alumnado de 4º de ESO fixo una interesante investigación sobre "Os seráns" coa colaboración do profesor de música.
 

5 mar. 2014

3 mar. 2014

Victoria Kent, a primeira abogada colexiada en España

O 3 de marzo de 1889 nacía Victoria Kent  unha das figuras máis destacadas do sécul XX. Foi a primeira muller en ser colexiada como abogada, a primeira muller en participar nun consello de guerra e a primeira en ocupar un cargo político na dirección Xeral de Prisións. Sempre velou polos máis indefensos e polos nenos.
Curiosamente, a pesar de ser una muller defensora do seu xénero, négouse a defender o sufraxio femenino en encendidos debates con Clara Campoamor por considerar que as mulleres aínda non estaban suficientemente preparadas para votar.
 

19 feb. 2014

Rosalía de Castro, unha feminista na sombra

Coñecemos a Rosalía de Castro como poeta e como novelista. Incluso trascenderon moitos detalles da súa vida familiar e do seu problemático matrimonio.
 
 

Actualmente, varios estudos amosan a súa figura como defensora temperá dos dereitos das mulleres e feminista na sombra, pois Rosalía non deixou de tentar que as mulleres tomaran conciencia da súa propia condición e así o reflexou nas súas obras "Las literatas" ou "El caballero de las botas azules"
 
Recomendamos o seguinte video
 
 
 
 

16 feb. 2014

Sobre a película "Las Maestras de la República", premio Goya 2014

 
Transcribimos literalmente os comentarios ao trailer "Las maestras de la República" Premio Goya 2014.

"Las Maestras Republicanas fueron unas mujeres valientes y comprometidas que participaron en la conquista de los derechos de las mujeres y en la modernización de la educación, basada en los principios de la escuela pública y democrática.
Este documental, dirigido por la realizadora Pilar Pérez Solano, a través de la recreación de una maestra de la época, e imágenes de archivo inéditas, nos descubre el maravilloso legado que nos han dejado las maestras republicanas y que ha llegado hasta nuestros días.
Articulado en base a testimonios de investigadores y familiares, vamos a conocer el momento histórico que vivieron estas docentes y su participación en la transformación social de nuestro país a través de la educación".
Es un documental de FETE-UGT y Transit Producciones
 
Unidade didáctica , blog e recursos didácticos.
 
 
Premio 8 Marzo Maestras de la República
     
    Un documental imprescindible

    Que Mi Nombre No Se Borre De La Historia (Las Trece Rosas Rojas)

     
  •  


Dian Fossey, a autora de "Gorilas na néboa"

O seu traballo durante longos anos contribuiu á recuperación da poboación de gorilas nas montañas de  Ruanda e Congo e á desmitificación dos seus comportamento violento. Tamén loitou contra os cazadores furtivos, incluso gañando moitos inimigos e sospeitase que iso foi o motivo do seu asesinato en 1985.
Máis información aquí

In Memoriam

12 feb. 2014

Clara Campoamor, a loitadora esquecida



As palabras do discurso de Clara Campoamor aquel 1 de outubro de 1931 son difíciles de esquecer. Era a primeira muller que falaba nas Cortes Españolas. Foi rotunda ante os argumentos que expuñan os principais opositores ao sufraxio feminino (o baixo nivel cultural da muller e a influencia que sobre ela exercía a Igrexa). A republicana recordou a rápida equiparación da muller co home en termos de analfabetismo durante o período 1868-1910, rebateu as palabras dos deputados que cualificaban á muller como un ser incapaz e , citando a Humboldt, afirmou que a única forma de madurar no exercicio da liberdade é camiñar dentro dela.Conseguiuno. Con esta decisión, España situábase por encima de países como Francia ou Italia no que as mulleres non gozaban dun dereito tan básico. Tras a votación o artigo 36 da Constitución de 1931 establecía que «os cidadáns dun e outro sexo, maiores de 23 anos, terán os mesmos dereitos electorais conforme determinen as leis».
Aquel 19 de novembro, Clara Campoamor gañouse un sitio na Historia, pero tamén perdeu. Dous anos despois daquel fito, a sufragista non renovou o seu escano. En 1934 cédaa gañou as eleccións. Clara Campoamor acumulou todas as iras: foi a súa morte política. A súa petición para unirse á Esquerda Republicana foi denegada. En 1959 escribía: «Creo que o único que quedou da República foi o que fixen eu: o voto feminino». Morreu no exilio en 1972.

Máis información sobre o acceso da muller ao voto en España.

6 feb. 2014

Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde

Neste curso, o noso centro participa no programa "Donas de si" no que se descata a figura de Emilia Pardo Bazán, unha muller que viviu e loitou como muller nun mundo de homes.



Contamos co material facilitado pola consellería pero ademáis dende o noso blog iremos completando información para o noso alumnado e tamén para a comunidade escolar.
Xa comezamos co pase da película en diferentes cursos e agora continuaremos co traballo da unidade didáctica correspondente.

Trailer de "A escaleira desigual"






4 feb. 2014

Georges Sand e a loita das mulleres por levar pantalón

 
Entérate aquí como foi A loita das mulleres por levar pantalón

 Unha muller irreverente, icono do feminismo europeo do século XIX, que se atreveu a levar roupas masculinas foi George Sand.
 

 
 
Imaxinas que un día  os rapaces viñeran con saia ao instituto?Tamén terían que loitar tanto como loitaron as mulleres por levar pantalón?


31 ene. 2014

Participación en Ágora de Paz

No día de hoxe o noso centro participou na videoconferencia Ágora de Paz con outros centros de Galicia e tamén de outros lugares de España  da rede de Escolas Asociadas  da UNESCO como o Isidora Riestra de Poio, o IES de Pedra da Auga de Ponteareas,  o IES Seoane de Monteporreiro,  Campolongo, S. Félix de Cantalicio de Ikastexea, Bizkaia, ou a Escola Andorrana de Segona Ensenyança de Santa Colona, e o CEIP son Serra, de Sa Vileta en Palma de Mallorca.. Foi así como compartimos as nosas actividades  en torno ao  día da Paz e á figura de Nelson Mandela.

29 ene. 2014

365 días traballando pola igualdade

No día da Paz, facemos un pequeño repaso ás nosas actividades do primeiro trimestre. Quedaron algunhas fotos aínda pero prometemos que haberá máis videos!.