12 feb 2014

Clara Campoamor, a loitadora esquecida



As palabras do discurso de Clara Campoamor aquel 1 de outubro de 1931 son difíciles de esquecer. Era a primeira muller que falaba nas Cortes Españolas. Foi rotunda ante os argumentos que expuñan os principais opositores ao sufraxio feminino (o baixo nivel cultural da muller e a influencia que sobre ela exercía a Igrexa). A republicana recordou a rápida equiparación da muller co home en termos de analfabetismo durante o período 1868-1910, rebateu as palabras dos deputados que cualificaban á muller como un ser incapaz e , citando a Humboldt, afirmou que a única forma de madurar no exercicio da liberdade é camiñar dentro dela.Conseguiuno. Con esta decisión, España situábase por encima de países como Francia ou Italia no que as mulleres non gozaban dun dereito tan básico. Tras a votación o artigo 36 da Constitución de 1931 establecía que «os cidadáns dun e outro sexo, maiores de 23 anos, terán os mesmos dereitos electorais conforme determinen as leis».
Aquel 19 de novembro, Clara Campoamor gañouse un sitio na Historia, pero tamén perdeu. Dous anos despois daquel fito, a sufragista non renovou o seu escano. En 1934 cédaa gañou as eleccións. Clara Campoamor acumulou todas as iras: foi a súa morte política. A súa petición para unirse á Esquerda Republicana foi denegada. En 1959 escribía: «Creo que o único que quedou da República foi o que fixen eu: o voto feminino». Morreu no exilio en 1972.

Máis información sobre o acceso da muller ao voto en España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario