19 feb 2014

Rosalía de Castro, unha feminista na sombra

Coñecemos a Rosalía de Castro como poeta e como novelista. Incluso trascenderon moitos detalles da súa vida familiar e do seu problemático matrimonio.
 
 

Actualmente, varios estudos amosan a súa figura como defensora temperá dos dereitos das mulleres e feminista na sombra, pois Rosalía non deixou de tentar que as mulleres tomaran conciencia da súa propia condición e así o reflexou nas súas obras "Las literatas" ou "El caballero de las botas azules"
 
Recomendamos o seguinte video
 
 
 
 

16 feb 2014

Sobre a película "Las Maestras de la República", premio Goya 2014

 
Transcribimos literalmente os comentarios ao trailer "Las maestras de la República" Premio Goya 2014.

"Las Maestras Republicanas fueron unas mujeres valientes y comprometidas que participaron en la conquista de los derechos de las mujeres y en la modernización de la educación, basada en los principios de la escuela pública y democrática.
Este documental, dirigido por la realizadora Pilar Pérez Solano, a través de la recreación de una maestra de la época, e imágenes de archivo inéditas, nos descubre el maravilloso legado que nos han dejado las maestras republicanas y que ha llegado hasta nuestros días.
Articulado en base a testimonios de investigadores y familiares, vamos a conocer el momento histórico que vivieron estas docentes y su participación en la transformación social de nuestro país a través de la educación".
Es un documental de FETE-UGT y Transit Producciones
 
Unidade didáctica , blog e recursos didácticos.
 
 
Premio 8 Marzo Maestras de la República
     
    Un documental imprescindible

    Que Mi Nombre No Se Borre De La Historia (Las Trece Rosas Rojas)

     
  •  


Dian Fossey, a autora de "Gorilas na néboa"

O seu traballo durante longos anos contribuiu á recuperación da poboación de gorilas nas montañas de  Ruanda e Congo e á desmitificación dos seus comportamento violento. Tamén loitou contra os cazadores furtivos, incluso gañando moitos inimigos e sospeitase que iso foi o motivo do seu asesinato en 1985.
Máis información aquí

In Memoriam

12 feb 2014

Clara Campoamor, a loitadora esquecida



As palabras do discurso de Clara Campoamor aquel 1 de outubro de 1931 son difíciles de esquecer. Era a primeira muller que falaba nas Cortes Españolas. Foi rotunda ante os argumentos que expuñan os principais opositores ao sufraxio feminino (o baixo nivel cultural da muller e a influencia que sobre ela exercía a Igrexa). A republicana recordou a rápida equiparación da muller co home en termos de analfabetismo durante o período 1868-1910, rebateu as palabras dos deputados que cualificaban á muller como un ser incapaz e , citando a Humboldt, afirmou que a única forma de madurar no exercicio da liberdade é camiñar dentro dela.Conseguiuno. Con esta decisión, España situábase por encima de países como Francia ou Italia no que as mulleres non gozaban dun dereito tan básico. Tras a votación o artigo 36 da Constitución de 1931 establecía que «os cidadáns dun e outro sexo, maiores de 23 anos, terán os mesmos dereitos electorais conforme determinen as leis».
Aquel 19 de novembro, Clara Campoamor gañouse un sitio na Historia, pero tamén perdeu. Dous anos despois daquel fito, a sufragista non renovou o seu escano. En 1934 cédaa gañou as eleccións. Clara Campoamor acumulou todas as iras: foi a súa morte política. A súa petición para unirse á Esquerda Republicana foi denegada. En 1959 escribía: «Creo que o único que quedou da República foi o que fixen eu: o voto feminino». Morreu no exilio en 1972.

Máis información sobre o acceso da muller ao voto en España.

6 feb 2014

Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde

Neste curso, o noso centro participa no programa "Donas de si" no que se descata a figura de Emilia Pardo Bazán, unha muller que viviu e loitou como muller nun mundo de homes.



Contamos co material facilitado pola consellería pero ademáis dende o noso blog iremos completando información para o noso alumnado e tamén para a comunidade escolar.
Xa comezamos co pase da película en diferentes cursos e agora continuaremos co traballo da unidade didáctica correspondente.

Trailer de "A escaleira desigual"






4 feb 2014

Georges Sand e a loita das mulleres por levar pantalón

 
Entérate aquí como foi A loita das mulleres por levar pantalón

 Unha muller irreverente, icono do feminismo europeo do século XIX, que se atreveu a levar roupas masculinas foi George Sand.
 

 
 
Imaxinas que un día  os rapaces viñeran con saia ao instituto?Tamén terían que loitar tanto como loitaron as mulleres por levar pantalón?