31 ene 2014

Participación en Ágora de Paz

No día de hoxe o noso centro participou na videoconferencia Ágora de Paz con outros centros de Galicia e tamén de outros lugares de España  da rede de Escolas Asociadas  da UNESCO como o Isidora Riestra de Poio, o IES de Pedra da Auga de Ponteareas,  o IES Seoane de Monteporreiro,  Campolongo, S. Félix de Cantalicio de Ikastexea, Bizkaia, ou a Escola Andorrana de Segona Ensenyança de Santa Colona, e o CEIP son Serra, de Sa Vileta en Palma de Mallorca.. Foi así como compartimos as nosas actividades  en torno ao  día da Paz e á figura de Nelson Mandela.

29 ene 2014

365 días traballando pola igualdade

No día da Paz, facemos un pequeño repaso ás nosas actividades do primeiro trimestre. Quedaron algunhas fotos aínda pero prometemos que haberá máis videos!.

25 ene 2014

Día da Paz 2014- Nelson Mandela



DIA DA PAZ 2014-IES PAZO DA MERCÉ


Información e recursos sobre Nelson Mandela

Música e videos para a Paz
Películas para a Paz
Poemas para a Paz

Mulleres Nobel da Paz

Mulleres gañadoras dun Premio Nobel

Sabes cantas mulleres gañaron un Premio Nobel? E en que disciplina?
Entra aquí e verás!


Nesta  unidade didáctica podemos atopar ideas interesantes para traballar nas aulas.

Mulleres na tecnoloxía

Acaso a tecnoloxía é so cousa de homes?



Artigo completo aquí

A primeira programadora da historia, Ada Lovelace, a filla de Lord Byron.



Mulleres na historia do deporte


A primeira muller que correu a maratón xunto co resto de participantes. Outras mulleres fixérano antes, en solitario, para demostrar que a suposta incapacidade da muller para correr os 40 km era un infundio. O Comité Olímpico dicía que era "demasiado difícil para as mulleres", e que "superaba os seus límites".
Kathrine non correu de xeito legal. Inscribiuse na maratón coas súas iniciais, xa que daquela (1967) só estaba permitido aos homes.
Non se incorporou a maratón feminina aos xogos olímpicos ata 1984.
Na imaxe, un dos xuíces da maratón de Boston intenta botar fóra a Kathrine, mentres un compañeiro de carreira trata de impedilo.
 
 
 

21 ene 2014

Mulleres e matemáticas en pé de igualdade

Accésit do Primeiro Premio Antonia Ferrín Moreiras

Premio de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero da Universidade de Vigo. Este galardón foi creado pola Unidade de Igualdade co obxectivo de incentivar a elaboración deste tipo de ferramentas para impartir a docencia e contribuir así á excelencia universitaria.

Podes curiosear neste enlace  para atopar recursos interesantes.


19 ene 2014

15 anuncios vintage nos que as mulleres aparecen como idiotas


Repasamos a historia neste interesante artigo

XVI ENCONTRO INTERNACIONAL DE JOVENS CIENTISTAS


Do  8  ao 11 de xaneiro tivo lugar en Santarem ( Portugal) ,o XVI Encontro Internacional de Jovens Cientistas organizado pola escola de Sá da Bandeira.

Neste encontro  alumnos de España, Alemaña e Estados Unidos debatiron o tema  deste ano: Alimentar o mundo respetando a terra xa que  a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 2014 como o ano Internacional da Agricultura Familiar.

De Galicia participaron alumnos de tres centros: o IES Luís Seoane de Pontevedra, o Pedra da Auga de Ponteareas e o noso centro representado polos alumnos : Daniel Duque Puga e Damián Lamas Carballo de 4º ESO A cunha presentación titulada : O VIÑO NA AGRICULTURA FAMILIAR DA NOSA COMARCA.

Ademáis de participar en diferentes obradoiros relacionados co tema do encontro, participaron na visita ó Instituto Superior de Agronomía e ao Museo Nacional de Historia Natural e da Ciencia de Lisboa.

 

14 ene 2014

Reflexión sobre a violencia de xénero


Para a reflexión...


Para ti maltratador...
A 700 ascende xa o número de vítimas do machismo na última década. Mulleres asasinadas ás mans das súas parellas, de homes insignificantes, mediocres, lacras da sociedade, fascistas... Homes? Non son homes. Son persoas frustradas, vulgares, cunha baixa autoestima. Non son máis que ceros a esquerda na sociedade, uns fracasados en todo o que fan.
Indígname e frústrame coñecer un novo caso de violencia machista. Reflexiono sobre que o que sinte cando a maltrata, a insulta, a fai sentir insignificante. Penso no que sinte ela, ou por desgraza sentiu algunha vez porque agora xa non sente nada, cando lle pega, cando lle quita todos os seus dereitos, cando intenta afogar a súa voz a base de golpes...


A onde iremos  parar? Cando deixarán os homes querer demostrar que son superiores a nós? Cando as mulleres volveremos recuperar o que é noso e os homes nos quitan?
A nosa dignidade non nola dan nin nola quitan eles. Queremos os nosos dereitos!!
Dende Galiza con odio e raiba por unha sociedade antipatriarcal, polos nosos dereitos, por todas nós, polas que xa non están...
                       Laura Gil.(2º Bach)

12 ene 2014

Mulleres na literatura. Simone de Beauvoir

O 9 de xaneiro de 1908 nacía Simone de Beauvoir, unha muller importante na defensa do feminismo. É a autora de "O segundo sexo".


Queres saber máis da súa biografía? Pica neste enlace!

Faleceu o 14 de abril de 1986 e Informe Semanal adicoulle a seguinte reportaxe.

 

E xa agora, non deixes de ver este interesante video.
 

 

E aquí podes descargar o libro "O segundo sexo"